Saltar ao contido principal

Quen somos

Somos un grupo de persoas que disfrutamos da música e da música tradicional especialmente e que desexamos facervos partícepes dese cariño que nos temos hacia ela. A mellor maneira que atopamos para fecelo, é ofrecéndovos as nosas destrezas como interpretes. O resto é cousa vosa, bailar, cantar e difrutar.

Actualmente somos 15 persoas, aínda que xuntarnos a todos non é doado, polo que o máis normal que nos vexas en grupos de 10 perosas.

Se queres formar parte do grupo e sabes tocar a gaita, bombo ou tambor, non dubides en porte en contacto con nos.

Se non sabes tocar, pero desexa aprender, visita a web da nosa asociación e entra no apartado EMBT. Ahí atoparás información detallada da nosa escola e a forma de contactar con nos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música

  O 21 de xuño poderemos asistir ó noso 1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música que se celebrará en Goián, Tomiño, e no que participarán grupos das dúas beiras do Miño. Empezaremos as 11:30 cá ruada dos grupos, para continuar cun xantar de confraternización. Ás 17:00 voltaran a tocar os grupos para pechar o encontro e dar paso ó concerto final.  Ás 19:00 teremos unha pequena ruada polo centro da vila a cargo da banda do clube da terceira idade de A Garda e as 20:30 o concerto. Ó remate do concerto, haberá foliada libre, polo que se tocas calquera instrumento, podes acoplarte ata que o corpo aguante. A continuación podedes ver os cartaces.

Solsticio de inverno, concerto

 Concerto solidario en favor de SOS Tomiño. A entrada será de balde e pídese a xente que colabore cá recollidada de alimentos non perecedeiros en beneficio das persoas máis necesitadas. Tamén teremos varios agasallos que sortearemos ó longo do concerto entre os asistentes.

Curso de percusión tradicional galega

 Que un dos propósitos deste novo ano sexa adentrarte na música tradicional de Galicia. Nos axudarémosche con este marabilloso obradoiro a cargo de Abraham. Ven é proba, as dúas primeiras clases de balde.