Saltar ao contido principal

Publicacións

1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música

  O 21 de xuño poderemos asistir ó noso 1º Encontro internacional de grupos tradicionais de música que se celebrará en Goián, Tomiño, e no que participarán grupos das dúas beiras do Miño. Empezaremos as 11:30 cá ruada dos grupos, para continuar cun xantar de confraternización. Ás 17:00 voltaran a tocar os grupos para pechar o encontro e dar paso ó concerto final.  Ás 19:00 teremos unha pequena ruada polo centro da vila a cargo da banda do clube da terceira idade de A Garda e as 20:30 o concerto. Ó remate do concerto, haberá foliada libre, polo que se tocas calquera instrumento, podes acoplarte ata que o corpo aguante. A continuación podedes ver os cartaces.
Publicacións recentes

Curso de percusión tradicional galega

 Que un dos propósitos deste novo ano sexa adentrarte na música tradicional de Galicia. Nos axudarémosche con este marabilloso obradoiro a cargo de Abraham. Ven é proba, as dúas primeiras clases de balde.

Listaxe de agraciados

 Listaxe de agraciados no concerto de solsticio de inverno celebrado o 21 de decembro de 2024 en Sobrada

Música na Rúa

Como cada ano por estas datas, voltaremos a rúa coa nosa música. Estade atentos as nosas redes socias onde iremos pondo as diferentes localizacións. De momento, estaremos o 14 de decembro tocando por Goián de 19:00 a 20:30 e no mesón Novo Punto de Goián de 20:45 a 21:30

Solsticio de inverno, concerto

 Concerto solidario en favor de SOS Tomiño. A entrada será de balde e pídese a xente que colabore cá recollidada de alimentos non perecedeiros en beneficio das persoas máis necesitadas. Tamén teremos varios agasallos que sortearemos ó longo do concerto entre os asistentes.

Inicios

 Nacemos como treboada a finais de outubro de 2022, cando decidimos xuntarnos, despois dun ano complicado e chegamos a conclusión de que o que queriamos era tocar música tradicional e xa que nos levabamos ben, porque non facelo como grupo. De ahí ven precisamente o noso nome, Arroutada